Arquivo da categoría: Sen clasificar

De febreiro a outubro e roteiro pola Ribeira Sacra

Co mes de marzo comezamos a desenvolver un ciclo de actividades que titulamos ‘1917-2017: De febreiro a outubro’, en conmemoración do Centenario da Revolución Bolxevique. Mensualmente organizaremos unha actividade dentro desta dinámica, sendo a primeira delas a proxección de cinema … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en De febreiro a outubro e roteiro pola Ribeira Sacra

20 de xaneiro-21 de febreiro: 2ª edición de Enxergando o País

  O vindeiro venres 20 de xaneiro comeza a segunda edición do Ciclo de documentarios Enxergando o País, unha nova selección do último do cinema documental galego, co que pretendemos que as proxeccións sexan un punto de encontro para reflexionar … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en 20 de xaneiro-21 de febreiro: 2ª edición de Enxergando o País

Comezando o 2017: o TTIP e obradoiro de defensa persoal

Comezamos un novo ano en Cultura do País coa presentación do libro colectivo O TTIP. Un cabalo de Troia contra a nosa soberanía, editado por Laiovento e que conta con contribucións, entre outros/as, de Bernardo Valdês e de Mar Pérez … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en Comezando o 2017: o TTIP e obradoiro de defensa persoal

Xoves 29 de decembro: Ruada do Apalpador

O vindeiro xoves 29 de decembro chega o Apalpador a Lugo procedente das montañas do Courel e fará un percorrido polas rúas máis céntricas e os locais sociais da cidade. Por iniciativa do centro de ensino Semente Lugo, do que … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en Xoves 29 de decembro: Ruada do Apalpador

Domingo 18 de decembro: obradoiro de danza contemporánea

O domingo 18 de decembro temos no Lar da Cultura do País un novo obradoiro de iniciación á danza contemporánea impartido por María José Pérez González. Os aspectos que se ensinarán nesta actividade son: coñecemento elemental do propio corpo, estiramentos, … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en Domingo 18 de decembro: obradoiro de danza contemporánea

Novembro: Manifesto de Lugo e Galegos nas guerras do Rif

Outro ano máis Cultura do País celebra o Aniversario do Manifesto de Lugo. Desta volta, coincidindo ademais coa efeméride centenaria da fundación das Irmandades da Fala, programamos unha fin de semana completa de actividade. O venres 18 de novembro, coincidindo … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en Novembro: Manifesto de Lugo e Galegos nas guerras do Rif

Luns 31 de outubro: Lugo de Medo

Como xa vén sendo habitual nestas datas de Samaín, Cultura do País prepara unha nova edición da actividade que denominamos Lugo de Medo, arredor das historias fantásticas ou de terror. Desta volta organizamos un Roteiro Pantasma, no que percorreremos os … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en Luns 31 de outubro: Lugo de Medo

Domingo 23 de outubro: roteiro por Begonte

Desde Cultura do País, como entidade adherida ao Proxecto Ríos -iniciativa de educación ambiental e participación cidadá en defensa dos ríos promovida por ADEGA-, organizamos o vindeiro domingo 23 de outubro unha inspección do río Ladra ao seu paso por … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en Domingo 23 de outubro: roteiro por Begonte

8 e 9 de outubro: fútebol gaélico e II Congreso Froilanista

Xa están aquí de novo as “festas máis belas do outono galego”: o San Froilán. Como xa vén sendo tradición, isto significa o comezo dunha nova tempada da Liga Gallaecia de fútebol gaélico mixto, na que compite a nosa equipa, … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en 8 e 9 de outubro: fútebol gaélico e II Congreso Froilanista

Mércores 28 e venres 30: benvida a Lugo e Barriga Verde

Devezando a chegada das que Cunqueiro nomeou “festas máis belas do outono galego”, continuamos a actividade en Cultura do País apurando estes últimos días de setembro. O vindeiro mércores 28 de setembro organizamos a partir das 16:00 hs., en colaboración cos … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en Mércores 28 e venres 30: benvida a Lugo e Barriga Verde