Arquivo da categoría: Sen clasificar

Comezarmos un 2018 cheo de Cultura do País

Cultura do País comezará o ano 2018 cunha completa programación cultural. Como xa vén sendo habitual, no mes de xaneiro teremos unha nova edición -e vai pola terceira- do ciclo de documentarios ‘Enxergando o País’. As sesións, que terán lugar … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Deixa un comentario

Salvar Pena Grande: coa mobilización popular paramos a venda do xacemento

Cultura do País congratúlase de que a mobilización popular conseguira parar a venda do xacemento Desde Cultura do País queremos manifestar a nosa satisfacción pola retirada da poxa do xacemento paleolítico de Pena Grande, confirmada hoxe documentalmente polo funcionariado do … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Deixa un comentario

decembro: A raíña das velutinas, obradoiro de trompa e aniversario do himno

Rematamos o 2017 cunha intensa actividade en Cultura do País. O venres 15 de decembro a partir das 20:30 hs. no Lar presentaremos o libro ‘A raíña das velutinas’, de Lionel Rexes, gañador do Premio Manuel Lueiro Rei de novela … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Deixa un comentario

Salvar Pena Grande: hoxe constituímos a garantía. A poxa segue vixente

Cultura do País constitúe a garantía para concorrer á poxa do xacemento de Pena Grande. A día de hoxe a poxa segue vixente Como xa foi trasladado publicamente desde Cultura do País continuamos a campaña de recadación de achegas, que … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Deixa un comentario

Salva o xacemento da Pena Grande

Como probablemente coñezas polos medios, o Ministerio de Facenda vai poñer á venda por terceira vez un inmoble no concello de Vilalba que contén os que probablemente sexan os restos máis importantes do Paleolítico Superior galego: o xacemento da Pena … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Deixa un comentario

Máis en novembro: Magosto Asociativo e presentación de ‘Ocidente’

Despois dos actos polo aniversario do Manifesto de Lugo continúa a actividade no mes de novembro en Cultura do País. O vindeiro venres 24 de novembro participaremos no Magosto Asociativo, organizado pola Rede de Asociacións da que facemos parte. A … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Deixa un comentario

Sábado 18 de novembro: 99º Aniversario do Manifesto de Lugo

Un ano máis en Cultura do País celebramos o aniversario do Manifesto de Lugo, asinado o 18 de novembro de 1918 polos asistentes á Primeira Asemblea Nacionalista no Hotel Méndez Núñez. Para este 99º aniversario preparamos unha xornada de actividades … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Deixa un comentario

31 de outubro: VIª edición do Lugo de Medo

Chega a noite de Samaín e, con ela, o Lugo de Medo. Nesta sexta edición temos preparada unha xincana do medo, na que as persoas participantes terán que superar probas terroríficas nos recunchos máis escuros da cidade. A actividade comezará … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en 31 de outubro: VIª edición do Lugo de Medo

e despois do San Froilán… máis Cultura do País

Aínda coa resaca do San Froilán continuamos a programar actividades en Cultura do País. Volven outro ano máis os cursos de canto e pandeireta tradicional. Desta volta redobramos oferta con aulas de mañá e de tarde. Os cursos da mañá … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en e despois do San Froilán… máis Cultura do País

San Froilán: fútebol gaélico e Oktopusfest

Outro ano máis volta o San Froilán, a máis bela das festas do outono, e en Cultura do País volvemos recibir unha nova tempada da Liga Gallaecia de fútebol gaélico mixto coa nosa equipa, as Torques de Lugoslavia, defendendo o … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en San Froilán: fútebol gaélico e Oktopusfest