25-27 de maio: Cultura Ciclostil. Xornadas da pequena edición

Remataremos o mes da lingua coas xornadas adicadas á pequena edición: a Cultura Ciclostil. Desta volta mudamos formato e emprazamento, conformando o evento tres sesións que se realizarán principalmente na libraría Gato Neghro (S. Roque, 32), a escasos metros do noso local social. Como na edición anterior, haberá feira da pequena edición e realizaranse varias actividades arredor desta, que se desenvolverán entre o xoves 25 e o sábado 27 de maio coa seguinte programación:

Xoves 25 de maio

20:00 hs. Encontro con Santiago Jaureguízar: percorrido retrospectivo sobre a súa carreira literaria

Venres 26 de maio

20:00 hs. Presentación do proxecto editorial ‘Chan da Pólvora’

21:00 hs. Recital poético: Raquel López Cendán, María Xosé Fernández López, Isidro Novo e Martiño Maseda

22:00 hs. no Lar da Cultura do País: Inauguración da mostra fotográfica ‘Mulleres da Ribeira Sacra’, da Asociación Lucecús do Saviñao e Pantón, coa presenza de membros de Lucecús

Sábado 27 de maio

12:30 hs. Lanzamento do libro ‘O caso Quintana’, de Miguel Alonso

13:15 hs. Concerto acústico de Miguel Alonso

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.