Venres 4 de marzo: Curso de Lingüística Geral

12767862_10204206561843841_372723564_oComezamos o mes de marzo en Cultura do País coa presentación do libro de poesía Curso de Lingüística Geral, de Igor Lugrís, publicado pola Através Editora. No acto, que terá lugar o vindeiro venres 4 de marzo a partir das 20:30 no Lar da Cultura do País, contaremos coa presenza do autor e máis do profesor de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela Arturo Casas.

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.