13 e 14 de febreiro: obradoiro de danza contemporánea (II)

cartazmaria2016Despois do Entroido continúa a actividade de Cultura do País retomando a danza contemporánea. Despois do éxito do obradoiro de iniciación que realizaramos no outono, temos preparada unha segunda edición para a vindeira fin de semana (13 e 14 de febreiro) a cargo da nosa socia María José Pérez, da que anexamos unha breve reseña do seu currículo:

Licenciada en Humanidades (USC), con formación en danza contemporánea polo Espazo de Danza da USC con Juan Carlos Zahera, Rosa Acuña e Xiana Vilas (2011-2016); así como con Ana Serna no 8º Curso de Danza en Escena- Coreografías (2012), con Victoria Gil (Danzalugo, 2015) e 11º Curso de Acrobacia Escénica, a cargo do medallista olímpico Lauren Atanes. Membro das compañías de danza USClugo e USCompostela durante a formación no Espazo de Danza.

O obradoiro, que se realizará no Lar da Cultura do País (Carril das Hortas, 1-baixo 5), terá unha duración de 9 horas coa seguinte distribución:

Sábado 13 de febreiro, 16:00-19:00 hs.

Domingo 14 de febreiro, 11.00-14.00 e 16:00-19:00 hs. 

Esta actividade ten un límite máximo de 10 de prazas e o custo é de 25 euros (20 euros para socios/as de Cultura do País). Podedes facer a inscrición en culturadopais@gmail.com até o venres 12 de febreiro.

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.