30 e 31 de xaneiro: obradoiro de defensa persoal

DEFESAPESSOAL

Mentres continuamos proxectando os documentarios do ciclo Enxergando o País, engadimos unha nova actividade á programación do Lar da Cultura do País: o obradoiro de defensa persoal impartido por Isaac Castro, artista marcial e instrutor de defensa persoal de artes marciais mixtas; que terá lugar o sábado 30 e o domingo 31 de xaneiro, cun total de 5 hs. de duración que se repartirán da seguinte maneira:

Sábado 30 de xaneiro, de 16:00 a 18:30 hs.

Domingo 31 de xaneiro, de 11:oo a 13:30 hs.

O custo da actividade é de 30 euros (20 euros para socios/as de Cultura do País). Podédesvos inscribir até o venres 29 de xaneiro en culturadopais@gmail.com

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.