Xaneiro-febreiro: Enxergando o País

12557790_10203999938398384_1290619339_o

Comezamos o 2016 en Cultura do País recollendo o mellor da colleita do cinema documental dos últimos en Galiza, que quixemos integrar nun ciclo, baixo o título Enxergando o País, no que as proxeccións sexan un punto de encontro para reflexionar e debater sobre problemáticas actuais que se dan na nosa terra, a partir das visións aportadas nos documentarios.

As proxeccións serán os mércores e os sábados no Lar da Cultura do País e comezarán o sábado 23 de xaneiro co visionado de Feísmos?, de Alejandro Gándara, Antía Ameixeiras e David Fontán, que nos acompañarán no acto. O programa é o que segue:

  • Sábado 23 de xaneiro, 20:30 hs.: Feísmos?
  • Mércores 27 de xaneiro, 20:00 hs.: En todas as mans, con Alberte Román
  • Sábado 3o de xaneiro, 20:30 hs.: O camiño do tempo, con María Xosé Pérez
  • Mércores 3 de febreiro, 20:00 hs.: Fíos Fóra, con Sabela Iglesias e Hadriana Pérez (Produtora Illa Bufarda)
  • Mércores 10 de febreiro, 20:00 hs.: Tesouro de Corcoesto, con Roi Cuba (ADEGA) e Xabier Villares (economista)
  • Sábado 13 de febreiro, 20:30 hs.: Unitarias. Historia dun mestre galego (1961-1996), con Alberto Sacido Tuñas e Alberto Sacido Romero.

Iremos completando información sobre os documentarios. Vinde enxergar o País con nós!

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a Xaneiro-febreiro: Enxergando o País

  1. Pingback: 30 e 31 de xaneiro: obradoiro de defensa persoal | Cultura do País

Os comentarios están pechados.