27 e 28 de novembro: normalización lingüística, baile e máis

12297989_10207361202460331_531034554_oCultura do País remata forte este novembro dandi, cunha fin de semana chea de actividade. O venres 27 de novembro ás 20:00 hs. no Lar da Cultura do País terá lugar unha presentación conxunta de libros da Através Editora: ‘O galego (im)possível (ainda máis)’, de Valentim R. Fagim e ‘A normalização lingüística: uma ilusão necesária’, de Mário Herrero. Contaremos no acto cos autores dos libros, que farán unha presentación dialogada.

aulas baileO sábado 28 de novembro ás 12:00 no Lar comezan as aulas de baile tradicional para este curso, impartidas outro ano máis por Rebeca Tallón. Esta primeira sesión será de portas abertas para quen queira participar na mesma. Para inscribirvos nas aulas, que serán os sábados de 12:00 a 13:00, podedes facelo en culturadopais@gmail.com. Como é habitual, haberá prezo reducido para socios/as da Asociación.

Torques-AmbilokwoiO mesmo sábado 28 pola tarde, ás 16:30 hs. en Nadela, celébrase unha nova xornada da Liga Gallaecia, na que a nosa equipa de fútebol gaélico mixto, as Torques de Lugoslavia, se enfronta a Ambílokwoi de Vigo na procura da súa primeira vitoria da tempada. A partir das 19:00 hs. terá lugar o terceiro tempo no Bodegón A Fouce. Facemos un chamamento ás Nadela Partisans a desempoar as bandeirolas para arroupar a nosa equipa e facer gasto na cantina.

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.