Novembro dandi e literario

Manifesto png

O mes de novembro significa para Cultura do País relembrar o Manifesto da Asemblea Nacionalista de Lugo de 1918 e celebrar outro ano máis o aniversario dese acontecemento; ao que este ano, case no limiar da conmemoración do centenario das Irmandades da Fala, lle quixemos dar unha relevancia especial.

ostraciaComezamos un ciclo de presentacións de libros no Lar co lanzamento de Ostrácia, de Teresa Moure. Neste acto, que terá lugar o venres 20 de novembro ás 20:00 hs. no Lar da Cultura do País, contaremos coa presenza da autora, máis as tamén escritoras Verónica Martínez Delgado e Carmen Blanco.

O domingo 22 de novembro celebramos o 97º Aniversario do Manifesto de Lugo. Ás 13:00 terá lugar a xa tradicional ofrenda floral diante do Hotel Méndez Núñez, sé da Asemblea de 1918, acto que organizamos conxuntamente cos colectivos culturais lucenses Mádia Leva e Carneiro Alado.

A xornada continuará no Bodegón A Fouce,  cunha sesión vermú-tertulia sobre as Irmandades da Fala (14:00) e un xantar (14:30). O custo do xantar é de 14 euros (10 euros socios/as de Cultura do País). Podédesvos inscribir até o xoves 19 de novembro en culturadopais@gmail.com.

Festa dandi 2011Ás 17:30 hs. dará comezo na Sala Raíña do Hotel Méndez Núñez a Festa Dandi, na que contaremos coa actuación de Caxade e a VI Edición dos Premios Dandi ás persoas asistentes que vaian mellor caracterizadas coa estética dandi dos anos 20 do século pasado. O custo da entrada é de 10 euros (8 euros para socios/as de Cultura do País) e inclúe consumicións.

Nesta edición tedes un novo motivo para asistir á Festa Dandi: o sorteo que faremos dun kit do cocido: unha pota asinada por Caxade cos ingredientes precisos para un bo cocido (cachucha, butelo, lacón, grelos…). Faite xa coa túa rifa nas actividades da Asociación, no Lar ou no Bodegón A Fouce por tan só 1’50 €!

 … e máis novidades: as persoas que se fagan socias da Asociación na Festa Dandi terán o primeiro mes de socias de balde.

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.