Xoves 26 de febreiro: visita á exposición sobre o Franquismo

10984653_10202476857082303_1220386103_n

O vindeiro xoves 26 de febreiro ás 19:00 hs. organizamos desde Cultura do País unha visita á exposición ’40 anos de represión e resistencia’ que estivo aberta ao público durante este mes e medio na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos. Este proxecto, que está comisariado por Antón Grande e Antón Somoza, amosa a resistencia contra a ditadura franquista ao longo dos seus corenta anos de duración, expoñendo documentación orixinal relacionada coa represión, a guerrilla e as organizacións políticas na clandestinidade.

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.