Torques de Lugoslavia: nace a equipa lucense de fútebol gaélico

O pasado venres 3 de maio tivo lugar o primeiro adestramento da equipa de fútebol gaélico promovida por Cultura do País: os Torques de Lugoslavia. Esta equipa, á que xa están inscritas máis de ducia e media de participantes, tivo o seu primeiro contacto co balón no Campo Municipal de Nadela, cedido polo Concello de Lugo para o treinamento. As sesións de adestramento terán lugar todos os venres de 20:30 a 22:00. Para desprazarnos até alí combinamos no Lar da Cultura do País ás 19:45.

Anímate e experimenta o fútebol gaélico!

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a Torques de Lugoslavia: nace a equipa lucense de fútebol gaélico

  1. Pingback: Torques de Lugoslavia: nace a equipa lucense de fútebol gaélico

Os comentarios están pechados.