Monólogos con Isa Chao: crónica

O pasado venres, as persoas que ateigaban a Cervexaría A Abadía puideron desfrutar da primeira sesión do ciclo de monólogos que se levará a cabo nos vindeiros meses por parte de Cultura do País.

Isa Chao, socia da nosa Asociación e integrante de Anima-Acción, fixo pasar aos e ás asistentes unha hora de entretemento e diversión cunha contada na que se percorreron diversos relatos. Un púlico entregado aplaudíu animadamente ante a exposición dos métodos de tradución por acenos galego-inglés, os enredos sentimentais de adolescencia, a tipoloxía capilar masculina e, moi especialmente, a lectura das cláusulas do contrato de folli-amigo. O acto rematou cunha longa salva de palmas por parte das persoas asistentes.

Desde Cultura do País aledámonos de que esta actividade tivera tan boa acollida e de termos pasado un bo rato dando a coñecer as habilidades de novos talentos da narración e da expresión verbal.  O seguinte round será en xaneiro, seguiremos informando!

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.