Xoves 3 de novembro: As Músicas de Lois Pereiro

Tan só queda unha semana para o acto que a Asociación Cultural Cultura do País ten programado coma homenaxe ao escritor monfortino Lois Pereiro. Será o xoves 3 de novembro a partir das 23:00 hs. no Clube Clavicémbalo. O prezo da entrada é de 8 euros.

A través deste evento, que titulamos “As Músicas de Lois Pereiro”, queremos facer un percorrido pola traxectoria do poeta, resaltando ademais a importancia da música na súa obra, pois a súa poesía enmárcase nos anos da movida e as súas creacións serviron de base para varios temas musicais.

Os poemas de Lois Pereiro serán musicados polo cantante, compositor, guitarrista e violinista arxentino-galego Manu Clavijo, cuxa actuación abrirá o acto, deixando paso despois ao grupo que se creou xustamente para render tributo ao poeta a quen se lle adicou o Día das Letras 2011, Ondas Martenot. Este grupo está formado por Cristina Asenjo (Sonoro Maxín) no teclado, Fran Amil (Ultraqäns) na batería, Antón (Ultraqäns) ao baixo e máis a guitarra e a voz do Leo i Arremecaghoná.

Esta ha ser, sen dúbida, unha velada para non perder!

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Xoves 3 de novembro: As Músicas de Lois Pereiro

  1. Pingback: Xoves 3 de novembro: As Músicas de Lois Pereiro

  2. Pingback: ‘As músicas de Lois Pereiro’, no Clube Clavicémbalo de Lugo | Lois Pereiro

Os comentarios están pechados.