Actividades de interese esta fin de semana na zona de Lugo

Esta fin de semana hai varios actos de interese na contorna de Lugo, e das que Cultura do País se fai eco e recomenda á súa base social.

Hoxe venres 10 de decembro, a partir das 19:30, os Departamentos de Galego e de Portugués da Escola Oficial de Idiomas de Lugo organizan no Salón de Actos da escola un concerto que contará coa actuación da galega Ugia Pedreira e do brasileiro Fred Martins.

O sábado 11 de decembro, no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo, celébrase o XV Aniversario da Asociación de Comercio Xusto e Consumo Responsábel A Cova da Terra. O acto terá lugar a partir das 18:00.

Na zona do Courel e os Ancares a Gentalha do Pichel organiza un roteiro de recollida de datos etnográficos sobre os relatos encol da figura do Apalpador. Esta actividade, que leva o nome de Operaçom Castanheiro, comezará xa hoxe venres 10 de decembro cunha xornada formativa para as persoas participantes impartida por un especialista. A práctica deses coñecementos terá lugar durante o sábado 11 e o domingo 12 na zona do Courel, Ancares e Val de Lóuzara.
Tes máis información da programación na seguinte ligazón.

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.